logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Cinema marabillas

Un ano máis, desde o FIC VERÍN queremos convidar as nenas e nenos dos colexios de Verín e da comarca a asistir a unha programación creada para eles, elaborada con agarimo para que gocen do cinema todos xuntos.

Nesta edición descubriremos a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil da man da contacontos Raquel Queizás.

Poderemos desfrutar co visionado das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.

O obxectivo e facerlles ver ás crianzas que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que entendan que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Coñeceremos as trucaxes visuais que se empregaban para recrear a fantasía:

Non faltará aventura, misterio, tenrura, risas, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.

Polgariño, Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz... Os protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatos e pensan por si mesmos. Reflexan as etapas evolutivas dos espectadores máis cativos. Axudan a formar o seu pensamento crítico e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a autoestima, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente.