LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

Curtas de Bélxica, Suecia, Canadá e España, e unha feita en Verín, premiadas no FIC Vía XIV 2020

12 Setembro, 2020

  • A V edición do certame clausurouse esta noite, nun acto presentado por Iria Sobrado
  • A curta belga Bos, de Steffen Geypens, foi distinguida como a mellor na categoría “Outra Mirada”
  • Jamila, curta sueca de Sophie Vukovic, mellor curta na categoría “Horizontes”
  • Eco, do madrileño Aitor de Miguel, mellor traballo no marco da categoría “A Raia”
  • A mellor curta na categoría “Nova” foi Je finirais en prison de Canadá, dirixida por Alexandre Dostie
  • O Premio Especial do Público foi para a curta Feitizo, dos verinenses Álex González e Patricia Porto

Verín, 12 de setembro de 2020.- A V edición do Festival Internacional de Curtas, FIC Vía XIV, de Verín baixou hoxe o pano cun acto de clausura conducido pola comunicadora Iria Sobrado, no que se entregaron os premios ás mellores curtas encadradas nas diferentes categorías. Traballos de Bélxica, Canadá, Suecia, España e tamén un feito en Galicia (con selo verinés) coparon o palmáres nesta edición 2020 do certame, celebrado baixo un estrito protocolo de seguridade anti-Covid.

O Premio á Mellor Curta na Categoría “Outra Mirada” foi para Bos, un traballo dirixido por Steffen Geypens. Jamila, unha curta sueca realizada por Sophie Vukovic, ergueuse co Premio á Mellor Curta na Categoría “Horizontes”. Por outra banda, Eco -do madrileño Aitor de Miguel- levou o Premio á Mellor Curta na Categoría “A Raia” e, finalmente, Je finirais en prison, de Alexandre Dostie, feita en Canadá, foi distinguida co Premio á Mellor Curta na Categoría “Nova”. O Premio do Público foi para Feitizo, unha curta dirixida polos mozos de Verín Álex González e Patricia Porto.

O xurado decidiu tamén outorgar unha mención especial, dentro da categoría A Raia, á curta Néstor, do portugués Joao González.

O audiovisual, imprescindible durante o confinamento

No acto de clausura do FIC Vía XIV 2020, interviu o tenente alcalde de Verín, Diego Lourenzo, quen destacou que “nos últimos meses, todos vimos de vivir intres nos que o argumento de A peste foi o da nosa propia existencia: a solidariedade que renace, a importancia dos achegados, a fortaleza da familia e dos nosos como piar para resistir, sentimentos que xa serán sempre parte do noso propio filme”.

E neste contexto, destacou, que o audiovisual, “nos intres de illamento obrigado con nós mesmos fíxose imprescindible, coma un faro para dirixir o contido de cada xornada”.

A cultura non debe deterse

Nesta mesma liña, afondou Carlos Montero, director do FIC Vía XIV, ao afirmar que tomar a decisión de promover esta quinta edición do certamen non foi algo doado. Porén, baixo o convencemento de que “a cultura non debe deterse” impulsouse a convocatoria este ano e fíxose seguindo un estrito protocolo que garantirá a seguridade tanto dos convidados, coma a dos asistentes e a do propio equipo organizador. “Só os soñadores moven montañas”, afirmou Montero, facendo súa unha cita da película alemá Fitzcarraldo. “Promover o festival nun contexto coma o actual cheo de dificultades foi unha verdadeira odisea”, engadiu.

“E se este soño, de darlle continuidade ao noso festival e de non nos deter, puido materializarse foi posible grazas ao traballo e ao esforzo dun consolidado equipo, moi  implicado” e tamén “grazas ao apoio e esforzo de diferentes entidades públicas e privadas que co seu respaldo apoiaron o FIC, particularmente o Concello de Verín”, destacou.

Boa resposta do público

Finalmente, Montero puxo en valor tamén a implicación responsable do público co certame, o que evidencia que a decisión de mudar a data do festival -que adoitaba celebrarse en decembro- foi axeitada. Nos vindeiros días, segundo destacou Montero, facilitaranse os datos de asistencia. Porén, o director do certame avanzou xa que houbo seis sesións e actividades paralelas que colgaron o cartel de completo durante a semana.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *