THE MONKEY
Xosé Zapata/Lorenzo degl’Innocenti
España
2021
17’
Un náufrago da Armada Invencible é capturado, xulgado e aforcado. Razoable segundo as leis da guerra, pero o prisioneiro é un mono.
Xosé Zapata/Lorenzo degl’Innocenti
Zapata (Arzúa, 1975) é produtor, director e guionista de longa traxectoria; con The monkey gañou o Goya á Mellor Curta de Animación. Degl’Innocenti (Italia, 1976) é animador e director residente en Lisboa, con numerosos traballos películas de animación e videoclips; comparte o Goya por The monkey con Zapata.
TERATOMA
Jano Pita
España
2021
9’
Unha moza e un mozo enfrontaranse a unha nova enfermidade venérea tras manter relacións sexuais.
Jano Pita
Nado en Asturias en 1992, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Oviedo e diplomouse en Dirección de Cinema no Instituto del Cine de Madrid. As tres curtas que dirixiu ata hoxe reflicten o seu gusto polo terror setenteiro e os efectos visuais caseiros.
OPERACIÓN FRANKESTEIN
José María Fernández de Vega
España
2022
11’
Tres irmáns deciden crear o seu propio monstro de Frankenstein a partir do achado no lixo dun anaco dun maniquí.
José María Fernández de Vega
Creativo estremeño nado en 1977 con dilatada traxectoria no mundo audiovisual como guionista, director e produtor, tanto de series coma de curtas e longametraxes.
KAFKA´S DOLL
Bruno Simões
España/Portugal
2022
10’
Inspirado nun mito non comprobado, mestura feitos reais, ficción, fantasía e mito nunha única historia conmovedora sobre a perda.
Bruno Simões
Animador e cineasta portugués residente en Barcelona, ten dirixido varias curtas independentes así como películas de animación para clientes como Polaroid, Lego ou Nutella.
INCUBUS
Tito Fernandes
Portugal
2022
16’
Atrapada nun bote, unha muller é acosada polo medo mesmo.
Tito Fernandes
Nado en Portugal en 1983, completou un grao e dous mestrados en cinematografía. Traballou nos efectos visuais de películas como Interstellar ou Star Wars: O despertar da forza, entre outras moitas. Incubus é a súa segunda curta como director.
DISPENSARY OF DEATH
Simon O’Neill
Irlanda
2022
15’
Kevin está a pasar un mal día. Foi mordido por unha criatura estraña. Quizais a xente amable da súa farmacia local pódelle axudar?
Simon O’Neill
Nado en Dublín, é director de cinema e de fotografía. Estudou produción de televisión e cinematografía. Entre os seus traballos atópanse spots para marcas como Playstation e videoclips para artistas como Ed Sheeran ou Lana Del Rey.