FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Estrea en Verín de Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que busca saldar unha débeda histórica

10 Setembro, 2020

  • Está dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello”, natural de Castrelo do Val, e Fran Naveira e céntrase en detallar a historia de explotación sexual dunha parte da emigración feminina galega a Cuba a comezos do século XX

Verín, 09 de setembro de 2020.- Como parte da axenda da actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acolleu hoxe a estrea do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que busca saldar una débeda histórica sobre un asunto en torno ao cal ata agora se gardara silencio:  a historia de explotación sexual á que se viu sometida unha parte da emigración feminina galega a Cuba, a comezos do século XX.

O documental narra a historia da asociación “Hijas de Galicia”, formada por esas mulleres emigradas galegas e pon de manifiesto diversas historias de protagonistas que sufriron enganos para entrar a formar parte das redes de prostitución cubana no inicio do século pasado.

“A situación non deixa de ser similar á doutras mulleres que hoxe en día emigran á nos aterra, ou a outros lugares, e rematan desempeñando a mesma función, sendo explotadas por mafias sexuais”, destaca o co-director documental, Xosé Lois Santiago “Pello”. “O noso medio inicial ao chegar a La Habana era non atopar suficiente información sobre o tema. Pero isto esvaeceuse cando comezamos a falar cos nosos asesores e contactos”, engade.

“A partires dese momento, un mundo que ata entón estivera agochado, saiu á luz e afloraron diversas testemuñas que recollemos nas nosas visitas á illa”, destaca o co-autor desta obra, de 65 minutos de duración, que foi gravada en Cuba entre os anos 2012 e 2019.

Un experto dende La Habana

Dende La Habana, e mediante streaming, participou en directo na presentación do documental -que esta tarde tivo lugar en Verín- o experto Julio César González Pagés, doutor en Ciencias Históricas e profesor Adxunto Asistente da Facultade de Filosofía e Historia da Universidad de La Habana, unha das voces autorizadas que contribuíu coas súas achegas a perfilar este traballo audiovisual.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies