FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

O Festival de Curtas de Verín amosará As dúas caras do Sahara Occidental

24 Setembro, 2019

  • No marco do seu compromiso por divulgar cinematografías diversas e diferentes realidades do mundo, propoñendo unha visión colectiva de zonas en conflito dende múltiples puntos de vista
  • O RIR de Allariz será o festival convidado este ano polo FIC Vía XIV de Verín

Verín, 24 de setembro de 2019.- No marco da axenda de actividades paralelas que acolle o FIC Vía XIV, desenvolverase este ano unha iniciativa denominada As dúas caras do Sahara Occidental, que ten como misión amosar, dende a cinematografía, unha realidade en conflito (a vida dentro e fóra dos campos de refuxiados nesta zona) a través de diversos puntos de vista.

Xa o ano pasado, no FIC Vía XIV levouse a cabo unha actividade cinematográfica que amosou o conflito palestino-israelí dende diversos ángulos e a través do cine. Deste xeito, As dúas caras do Sahara Occidental da continuidade a esta pretensión do Festival de Curtas de Verín de erixirse coma “espazo de diálogo e punto de encontro a través do cine”, segundo destaca o seu director, Carlos Montero.

“Cremos relevante traer ata Verín, no marco do festival, diferentes realidades políticas que é preciso dar a coñecer, especialmente nestes tempos convulsos que vivimos, marcados pola inestabilidade política e económica”, engade Montero.

A actividade divídese en dúas sesións. Na primeira exhibirase a longametraxe “Hamada”, de Eloy Domínguez, presentada polo propio director e cun coloquio posterior ao visionado. Na segunda das sesións, amosaranse as curtas “L´Aarifa” de Mohamed Salem Lansari, Braham Chagaf e Digya Mohamed-Salm e “Tres cámaras roubadas”, un proxecto colectivo de Equipe Media.

Festival convidado

Xunto a isto, o director do FIC Vía XIV de Verín confirma que o festival convidado na edición deste ano será o RIR (Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz). Este certame vén de celebrar neste 2019 a súa segunda edición. Así, no marco desta actividade, en Verín poderán verse algunhas das curtas premiadas en Allariz.

O director do FIC Vía XIV e o responsable Multimedia do certame no pasado festival de Allariz

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies