Categoría que incidirá na idea do horizonte coma liña imaximaria e invisible, lonxana e inalcanzable, de gran violencia emocional e simbólica como metáfora da migración. Por outra banda, o horizonte como liña que separa o aquí do alá, como unha sorte de fronteira entre o lugar no que estamos e calquera outro lugar.
LA SOMBRA DE LOS CUERVOS
Elvira Barboza
Arxentina/Francia
2022
30’
En 1986, nun pobo de Francia, Natalia, de orixe arxentina, ten 11 anos cando descobre estranas cicatrices no corpo do seu pai. A partires de aí, a sombra do pasado instálase no seu mundo cotián de Natalia, quen dende a súa mirada infantil interroga o exilio e o mundo dos adultos.
Elvira Barboza
Nada en Bos Aires durante a ditadura arxentina, os seus pais instaláronse en Madrid. Estudou cinema en Madrid e tamén en París, onde realizou a súa primeira película experimental. Nun primeiro momento traballa en temas relacionados coa posprodución, como os efectos especiais, orientándose logo cara a montaxe. A partir de 2014, comeza a dirixir curtas autoproducidas, sendo La sombra de los cuervos a súa primeira obra con produción.
11.20 A.M.
Dimitris Nakos
Grecia
2022
14´
Olga, unha traballadora doméstica orixinaria de Albania estará nunha casa na que traballa no centro de Atenas no momento oportuno. Ou na equivocada?
Dimitris Nakos
Reside e traballa en Atenas como director, guionista e produtor. Doutorouse en Cinema e Filosofía pola Universidade Panteion da capital grega e tamén realizou Historia, Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade Nacional de Atenas. Actualmente está en preprodución da súa primeira longametraxe, Meat.
EL BUS
Sandra Reina
España
2022
30’
Un autobús recolle a uns pasaxeiros o venres pola mañá para percorrer a ruta que os achega á fin de semana, cos seus plans, as súas reflexións e os seus medos. O mesmo autobús recolleraos o domingo pola tarde para devolvelos á súa lugar de orixe.
Sandra Reina
Nada en 1988, licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Comezou a súa carreira como axudante de produción e máis tarde traballou como axudante de dirección. En 2019 debutou na dirección coa curta Trivial, protagonizada por Macarena Gómez, que logrou máis de 30 seleccións e 11 premios. A súa última curta, El Bus, xa foi premiada como mellor proxecto en AccióCurts por Dones Visuals.