CAN GARDELL
Silvia Subirós, Florencia Aliberti
España
2021
Os Gardell levan varias xeracións adicados á vida no campo. Un cambio inesperado nas condicións contractuais das terras que traballan, obriga a Tomàs e María a transformar a súa granxa nunha casa rural, onde agardan con paciencia a chegada dalgún cliente.
Silvia Subirós, Florencia Aliberte
Silvia Subirós (Figueres, 1983) estudou Guión e Dirección de Cinema e un Mestrado en Documental de Creación. Entre outros, obtivo o premio á mellor dirección na categoría Nova Autoría do Festival de Sitges.
Florencia Aliberti (Bos Aires, 1986), estudou Cinema e Filosofía e un Mestrado en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo na Universidade Pompeu Fabra. Traballa no campo do documental e o cinema experimental como realizadora e editora.
SIKIITU
Gabriel Allard-Gagnon
Canadá
2022
27’
Ali é un adolescente inuit amante do hip hop que vive en Ivujivik, un pequeno pobo no Ártico onde non hai nada interesante para el. Cada día ten que saír de caza co seu pai. Os seus problemas parecen materializarse na moto de neve do seu pai, constantemente avariada. A súa única saída é Rich E. Murdoch, o rapeiro favorito de Ali, ao que aspira emular.
Gabriel Allard-Gagnon
Director e guionista canadense, oriundo do Quebec, que está moi presente na súa filmografía. Comezou a súa carreira filmando máis de 40 videoclips antes de pasar aos documentais. Nos últimos anos, os seus intereses pasan por filmar a radicalización islamita como en T’es où, Youssef (2017) e Les poussières de Daech (2020) ou o auxe da ultradereita (La bombe, 2018).
IN FLOW OF WORDS
Eliane Esther Bots
2021
22’
Seguimos a tres tradutores que traballan no Tribunal Penal Internacional para crimes da antiga Iugoslavia. Deben traducir os relatos de testemuñas, vítimas e criminais sen deixar translucir as súas propias emocións, sentimentos ou historias persoais. Ao contrario que no xuízo, neste documental as súas voces e experiencias están no centro do escenario.
Eliane Esther Bots
Ámsterdam, Países Baixos, 1986. Graduada na Universidade de Artes de Utrecht, participou no programa de postgraduación “Documental e arte contemporáneo” de Escola Europea Superior de Imaxe. En 2016 obtivo o Mestrado de Cinema na Academia de Cinema de Ámsterdam. As súas curtas exhibíronse en festivais de todo o mundo, como o IDFA de Ámsterdam ou a Berlinale de Berlín.