Categoría que incidirá na idea do horizonte coma liña imaximaria e invisible, lonxana e inalcanzable, de gran violencia emocional e simbólica como metáfora da migración. Por outra banda, o horizonte como liña que separa o aquí do alá, como unha sorte de fronteira entre o lugar no que estamos e calquera outro lugar.
SEMBRANDO EL FUTURO
Alberto Utrera
España
2021
30’
Protagonizada polos irmáns Roca (O Celler de Can Roca), parte da alarmante extinción da diversidade dos cultivos: unha premisa que os irmáns descobren na súa contorna máis local e persoal e que continúan explorando noutros recunchos de todo o mundo. Mentres afondan nas solucións para protexer a biodiversidade da man de expertos internacionais, os protagonistas emprenden unha viaxe para tratar de salvagardar a súa memoria gastronómica e o seu legado familiar.
Alberto Utrera
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Antonio de Nebrija, conta tamén cun Mestrado en Produción e Dirección de Pezas Audiovisuais para Internet pola ECAM. Dende hai 15 anos, desenvolve a maior parte do seu traballo no mundo publicitario, así como na dirección e produción de programas e series de televisión. Dirixiu a longametraxe Smoking club, 129 normas (2017). Como documentalista dirixiu, entre outros, Toy Wars (2018) e Impuros (2021)
PLSTC
Laen Sanches
Francia
2022
2’
Benvido ao mundo de PLSTC, unha distopía submarina que afonda na inquietante realidade da contaminación plástica dos nosos océanos. Unha chamada de atención sobre as devastadoras consecuencias do noso estilo de vida no ámbito mariño.
Laen Sanches
Cineasta e creativo multidisciplinar francés residente en Ámsterdam. Estudou artes aplicadas e despois un posgrao en produción e dirección de películas animadas. Iniciou a súa carreira na industria dos efectos especiais en París e L.A. e regresou a Europa para seguir formándose en dirección de arte e gráficos en movemento. Traballa como director creativo e de movemento para axencias de comunicación e marcas globais.
LES HOMMES DE LA NUIT
Judith Auffray
Francia
2022
17’
Un explorador camiña pola selva buscando orangutáns. Equipado cuns prismáticos e un caderno, obsérvaos, estudaos e debúxaos. Xuntando homo sapiens e homo nocturnus nunha selva sintética, a película é unha meditación soñada sobre a estraña proximidade entre ambos.
Judith Auffray
Nada en París en 1993, graduouse en Belas Artes na École Nationale Supérieure de Beaux Arts de Lyon en 2015 e en Cinematografía na HEAD (Haute École d’Art et de Design) de Xenebra en 2019. Les hommes de la nuit é a súa cuarta curtametraxe despois de Malika se balance (2016), La mèche de cheveux qui danse comme un serpent (2018) e Une maison (2020)
FEELING THE APOCALYPSE
Chen Sing Yap
Canadá
2022
7’
Un psicoterapeuta que loita contra a ansiedade climática explora o que significa vivir nun mundo en perigo.
Chen Sing Yap
Creceu en Singapur, traballando como editor de imaxe en televisión. Inclinouse cara aos documentais de longa duración, tratando temas como a demencia, a pobreza e a conservación. Tras mudarse a Canadá en 2019, comezou a facer curtas, centrándose en como a problemática do colapso social, económico e medioambiental está a afectar á vida da xente común.
BOLO RAZ JEDNO MORE...
Joanna Kozuch
Polonia/Eslovaquia
2021
17’
Últimas historias humanas do brillante fondo do moribundo mar de Aral.
Joanna Kozuch
Nada en Polonia en 1977, é directora, animadora e artista multidisciplinar. Estudou na Academia de Belas Artes de Poznan e na Universidade Slije de Katowice e completou os seus estudos de doutorado na Facultade de Cinema e Televisión da Academia de Música de Bratislava. Fongopolis (2014) foi a súa ópera prima e despois realizou 39 weeks, 6 days (2017) e Happines machine (2019), usando sempre a animación como elemento de traballo.