logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Horizontes 3

Bachaposh2

BACHA POSH

Yalda Afsah/Ginan Seidl

Alemania

2017 | 30'

“Bacha Posh” é unha tradición cultural en lugares de Afganistán e Paquistán, na que familias sen fillos varóns elixen unha filla para vivir e comportarse coma un fillo, cumprindo as funcións que a súa cultura lle asigna aos varóns. A través de dúas pantallas veremos representado o espazo exterior e interior da nena que ten que vivir coma un neno, a vida pública e a vida privada.

Yalda Afsah/Ginan Seidl

Yalda Afsah e Ginan Seidl son berlineses. Afsah estudou arte dos medios en Halle, Berlín e Los Ángeles; gañou varias bolsas de arte como a Karl-Schmidt-Rottluff, a Berliner Senat e o programa BPA. Pola súa banda, Seidl estudou artes plásticas en Halle, Berlín e Cidade de México; gañou varios premios de arte e programas de residencia, como EMARE México ou Beirut Backstory; e é parte do colectivo Rosenpictures.

Uno 1

Uno

Javier Marco

España

2018 | 10' 18''

Un teléfono móbil dentro dunha bolsa hermética soa no medio do mar.

Javier Marco

Javier Marco é enxeñeiro de telecomuniacións cun posgrao en Dirección de Cine. Rodou videoclips, spots e curtas. Gañou máis de 200 premios nacionais e internacionais no Tribeca Nova York, no Festival Ibérico de Cine, no Festival Iberoamericano FIBABC, no Festival de Cine de Nova York, no Almería en Corto, no Festival de Cine de Manchester (UK), no Festival Social Mundial de Cine (Italia), no Festicine Pehuajó (Arxentina), en RNE ou no Notodofilmfest, entre outros.

orfao

O ORFÃO / THE ORPHAN

Carolina Markowicz

Brasil

2018 | 15'

Jonathas acaba de ser adoptado, pero non pasa moito tempo ata que é devolto porque el é “diferente” dos outros nenos. Baseada en feitos reais.

Carolina Markowicz

Carolina Markowicz é guionista e directora de São Paulo. Foi unha dos vinte cineastas emerxentes convidados ao Talent Lab do TIFF (Festival Internacional de Cinema de Toronto) en 2015, cos mentores Win Wenders e Jim Stark. Foi tamén un talento da Berlinale en 2018. Escribiu e dirixiu 5 curtametraxes. O Orfao estreouse en Cannes 2018, onde gañou a Queer Palm.

Joy In People Still 1

JOY IN PEOPLE

Oscar Hudson

Reino Unido

2017 | 15'

A Ben dinlle que saia máis e que coñeza xente. El toma en serio este consello e diríxese directamente ás grandes multitudes que pode atopar. Este docu-ficción enérxico e performativo ofrece unha perspectiva lúdica sobre os problemas da identidade nacional na Europa actual.

Oscar Hudson

Oscar Hudson aprendeu o oficio facendo videos de skate para os seus amigos. Despois seguiu desenvolvéndose mediante a realización de documentais, videoclips e curtametraxes. En 2017, gañou un Premio de Ouro de xoven director en Cannes e tamén foi distinguido como Mellor Director nos UK Music Video Awards polo seu traballo con Radiohead, Bonobo e Young Thug.

ShoreLeave_Still_1

Shore leave

Madeleine Martiniello

Autralia

2016 | 18' 42''

Nas viaxes que duran meses no oceáno, os mariños lánzanse intermitentemente nos portos de todo o mundo, converténdose en visitantes transitorios das cidades nas que recalan. Con só unhas horas á súa disposición, a recreación vólvese pragmática, e algunhas veces o desexo máis rápido é un novo par de zapatos. A medida que os contedores se cargan nos barcos, a xente do mar apresúrase cara aos peiraos; algúns levan agasallos, outros levan un corazón pesado.

Madeleine Martiniello

Madeleine Martiniello é realizadora de documentais con sede en Melbourne, cun traballo inspirado en persoas e lugares fóra do tempo. Gradouse no Victorian College of the Arts e o seu traballo proxectouse en festivais e galerías do Reino Unido, Estados Unidos, Italia, Mauricio e Australia. Martiniello é membro fundadora do Artist Film Workshop.