Ao longo da súa historia, o FIC Vía XIV de Verín singularizouse por ter incluído na súa grella de programación actividades para a cativada da localidade e da súa contorna. Rapaces e rapazas de diferentes centros educativos de Verín e comarca participaron nestas actividades que se desenvolveron, con éxito en diferentes edicións do certame.
Esto trouxo consigo que a organización do certame decidise crear unha categoría especial na que se programan curtas, tamén a concurso, destinadas a un público infantil. Esta categoría engádese ás tradicionais que conforman o certame e, entre as súas reglas, está a de que os films que se exhiben no seu marco non excedan dos dez minutos de duración. O obxectivo último de programar unha categoría para os máis pequenos e pequenas é fortalecer a cultura do cinema entre eles para conformar espectadores críticos de cara ao día de mañá.
O MONSTRO E A NENA
Jorge J. Costas
España
2023
5’
Había unha vez un mostro ao que lle doía un corno. O monstro pensou que precisaba un médico, así que foi á cidade. Este conto, ainda que escrito por un neno de 5 anos, trata problemas tan importantes coma a intolerancia e a incomprensión. Sobre como alguén, neste caso o monstro, causa medo polo simple feito de ser diferente.
Jorge J. Costas
Dedícase á animación 3D dende 2003. Participou en películas como El sueño de una noche de San Juan, El espíritu del bosque, Planet 51, Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo, Wonder Park o La gallina Turuleca, entre outras. Pola súa conta realizou numerosas curtas promocionais de animación para institucións públicas, así como a curtametraxe Maruxiña.
OVO
Stiv Spasojevic
Francia
2023
7’
A historia do encontro entre un asombroso robot do espazo exterior e un adorable paxariño recén saído do ovo...
Stiv Spasojevic
Logo de estudar arte en París, comezou como deseñador de personaxes no debuxo animado e como deseñador de movemento en publicidade para marcas como Greenpeace, The Economist, World’s Fair French Pavilion... Participou en numerosos proxectos premiados en festivais. OVO é a súa segunda curtametraxe, despois de Yesterday will be tomorrow.
PAPIROLA
Fabián Molinaro
España
2022
7’
Unha agradable mañá de outono, Nico, un enérxico neno de oito anos que ten a capacidade de dobrar todos os obxectos como se foran papel, recolle alegremente todos os obectos que lle gustan da súa casa para preparar unha importante viaxe. Esa colección de pregos conforma un novo amigo con personalidade propia ao que vai nutrindo con máis e máis papeis mentres xogan. Ao reunirse coa súa nai, esta preséntalle un gran problema: só hai dous billetes de ida, un para ela e outro para el.
Fabián Molinaro
Animador e ilustrador nado en Montevideo, Uruguai, en 1994. Participou como animador no spot publicitario do Concello de Aldaia, Gent jove, na curtametraxe La música del ascensor de Adrián Doménech, no videoclip Too far gone da banda Good Tenants e na publicidade do Mestrado de Animación Da el salto. Actualmente traballa en Digital Sun como artista xeneralista.
CHIMBORAZO
Keila Cepeda
España
2022
8’
Os xeeiros do Chimborazo sometéronse durante centos de anos á inclemencia dese volcán dos Andes ecuatorianos a cambio de picar un pouco do seu xeo e así prover ao pobo. Hoxe en día, é unha profesión ao borde da extinción, de non ser por Baltazar Ushca. El, a malia á súa idade, todos os días camiña durante horas ata chegar ao glaciar do Chimborazo para extraer enormes bloques de xeo que logo vende á cidade más próxima.
Keila Cepeda
Nada en Riobamba, Ecuador, en 1994, é licenciada en Produción Multimedia e Audiovisual (UDLA) e conta cun Mestrado en Animación (UPV). Comezou a traballar en animación en 2015 e dende entón participou no desenvolvemento e animación de curtametraxes e series animadas (Kucla 2017, Los Crakoshans 2018, Un cuarto de equipaje 2021). En 2020, comezou a dirección de Chimborazo, curtametraxe de escola, redirixindo a súa carreira cara a animación 2D.