logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Membros do Xurado 2018

WhatsApp Image 2018-12-01 at 09.03.53

Ana Gontad: Natural de Portas (Pontevedra), é licenciada en Historia da Arte. Obtivo un Mestrado en Xestión Cultural e un posgrao en Estudos da Arte e da Música, especializándose en Historia Contemporánea e do Cinema e desenvolvendo varias publicacións sobre o asunt. Comisariou a exposición "Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia". É programadora de Cineuropa (Santiago de Compostela)e do Festival Cinematográfico Internacional de Uruguai.

Miguel-Ribeiro22

Miguel Ribeiro: Nado en Lisboa, Miguel Ribeiro estudou Ciencias da Comunicación na Universidade Nova da capital lusa. Desde o ano 2012, é programador e coordinador de programas de Doclisboa -Festival Internacional de Cine, un dos festivais de cinema europeos máis recoñecidos, cuxo obxectivo é cuestionar o presente do cinema ao longo da súa historia e asumir o cinema como un modo de liberdade. Actualmente, forma parte do consello executivo de Apordoc, a Asociación Portugesa de Documentais.

É ex membro do colectivo artístico Rabbit Hole, unha plataforma artística e colectiva para a creación e experimentación. A través de varias colaboracións, Ribeiro ten desenvolvido unha serie de programas baseados no cinema, a performance e as artes visuais e ten unha presenza regular en paneis, charlas e xurados de festivais. No ano 2016, fundou a produtora Filmes do Asfalto.

alberto rolán

Alberto Rolán: Actor de orixe verinesa, Alberto Rolán ten participado en diferentes series de televisión e filmes tanto en Galicia como máis alá das nosas fronteiras. Algúns dos seus traballos son As Leis de Celavella, Terra de Miranda, María y los demás ou A Estación Violenta. En activo desde o ano 1999, este actor de 41 anos posúe tamén unha ampla bagaxe teatral e foi o encargado de presentar a gala da I edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, en 2016.

Rafael Cid

Rafael Cid: Rafael Cid Fernández naceu en Tamagos (Verín) en 1961. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Galego-Portuguesa, ambas pola Universidade de Santiago, e tamén en Xornalismo, pola universidade de Navarra. Comezou o seu labor periodístico na Televisión de Galicia, cando esta estreaba as súas emisións, o 25 de xullo de 1985. Da  TVG pasou a TVE, onde desempeñou labores de xornalista, edición e dirección. En TVE-Galicia foi Xefe de Programas e Informativos e actualmente é director de Radio Nacional e Televisión Española en Galicia. Foi profesor asociado da Universidade de Santiago, guionista e director de documentais; o de Carrilanos recibiu varios premios e recoñecementos públicos e tivo tamén a súa versión en libro.

Foto Nora 2

Nora Sola: Xornalista, empresaria, directora de sete edicións do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, Nora Sola é unha profesional que estivo toda a súa vida vinculada aos medios de comunicación. Posúe unha ampla experiencia en prensa, radio e televisión que abarca todos os campos, desde a produción ata a dirección en todos e cada un dos seus proxectos. Na actualidade e tras a súa xubilación é colaboradora habitual en diferentes programas de radio e televisión, coordinadora do Club de Lectura e do Grupo de Teatro Leido Berenguela, así como vicepresidenta provincial de Cruz Vermella Española.