logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era

Nova Era 2
Nova Era 1

No seu afán por ligar música e cinema, ao igual que xa se fixera en edicións anteriores, o Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV programa este ano unha actividade paralela a cargo da Banda de Gaitas Nova Era de Verín. Trátase dunha iniciativa no marco da cal un grupo de cinco membros desta banda ofrecerá unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental.

A acción pretende por en valor a música como elemento central da cinematografía, unha cuestión que cada ano ten protagonismo na axenda do Festival Internacional de Curtas de Verín.

A curta á que os membros da Banda de Gaitas Nova Era porán música é O carro e o home, unha película documental en branco e negro dirixida por Antonio Fernández-Román e guionizada entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román, que foi rodada en 1940 e estreada en 1945. Finalizada a rodaxe, a película quedou sen sonorizar e Xaquín Lorenzo gardu unha copia en Ourense, que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ao pulo de Eloy Lozano e á colaboración do Museo do Pobo Galego.

Banda de Gaitas Nova Era

Nova Era nacía en 2015 para dinamizar a vida musical de Monterrei a través dun proxecto cultural conformado por un grupo de mozos que buscaban plasmar as súas inquedanzas musicais, romper os estándares e explorar novos camiños.

Trátase dun conxunto de 45 músicos cun repertorio que vai dende a muiñeira galega ao swing americano e que se caracteriza pola combinación de tres sección ben diferenciadas: a sección de gaitas galegas afinadas en si bemol; a sección de percusión, que combina instrumentos da música tradicional gallega, centroeuropea, latina e clásica; e a sección orquestral, formada por instrumentos de vento-metal, vento-madeira, corda e interpretación vogal.