Serán seleccionados curtas que non teñen cábida nas temáticas categorizadas; é unha categoría xeral que recollerá filmes contemporáneos, cinema de autor e obras que non se rexen por formatos industriais obsoletos.
LA MASÍA
Víctor Catalá
España
2022
16’ 22"
Helga pasa uns días cos seus avós, aos que leva anos sen ver, dous vellos sinistros que viven nunha enorme masía perdida no medio de ningures.
Autor: Víctor Catalá
Naceu en Barcelona en 1984. A súa paixón polo cine de xénero e por gravar vídeos a bandas levouno a estudar na ESCAC, onde se graduou como director de fotografía. Actualmente traballa coma realizador e director de foto en videoclips, spots, televisión, documentais, ficción e contidos para marcas. A súa anterior curta, A Little Taste, conseguiu máis de cen seleccións, pasando por festivais de xénero arredor do mundo.
COLUMNES D´AIRE
Jordi Huguet Riba
España
2022
13’
Pau, un mozo de 18 anos, redescobre a figura materna cando ten que facer unha proba audiovisual sobre a súa familia para poder obter unha bolsa nunha universidade de cinema, á vez que lidia co pesadelo de agardar a que o seu pai sexa transplantado do corazón para seguir vivo.
Jordi Huguet Riba
Nado en 1997 nun pequeno pobo catalán, é graduado en cinematografía pola ESCAC, onde agora estuda un mestrado. A súa primeira curta, Columnes d’aire, é unha historia persoal sobre a enfermidade cardiovascular do seu pai e todos os retos familiares que elo supón.
BRICK HEAD
Alexis Manenti
Francia/Serbia
2022
22’54”
Nunha cidade de Europa do leste, o mozo líder dunha banda está aterrorizando á súa veciñanza. Obriga a todos a levar un ladrillo en sinal de sumisión. Un día, un adolescente humillado polo “tirano” decide loitar.
Alexis Manenti
Nado en 1982, deu os seus primeiros pasos como actor no colectivo Ko, creado en 1994. Tras o éxito da curta Les Misérables de Ladj Ly en 2017, Manenti co-escribiu e actuou na versión longametraxe de 2019, que lle valeu o César na categoría de Actor Emerxente. Brick Head é a súa primeira obra coma director.
TAKBIR
Jordi Calvet
España
2022
14’
Un escritor preséntase nunha comisaría de Madrid para denunciar que, sen querelo, converteuse no ideólogo dos máis recentes atentados do ISIS. As dúas últimas accións dos terroristas son iguais ás que el escribiu no guión para unha serie de televisión. A súa preocupación é máxima, porque no guión descríbese un atentado durante a festa do Orgullo de Madrid, para a que só faltan dez días.
Jordi Calvet
Nado en 1973 en Barcelona, traballa no sector financeiiro como director de banca privada. En 2011, publicou unha novela, Jaque al rey, á que lle seguiron outras dúas en anos seguintes. Takbir é o seu debut como guionista e director de curtametraxes e xa conseguiu máis de 70 premios en festivais de todo o mundo.