VIHTA
François Bierry
Francia/Bélxica
2018 | 20' 58''
Serge e os seus catro colegas traballan para unha pequena empresa, recén mercada por un gran grupo. Como agasallo da recepción, o seu novo xefe convidounos a gozar dun día nun centro termal.
François Bierry
François Bierry naceu en Estrasburgo, Francia. Tras estudar Dereito, realizou un curso de realización cinematográfica no Institut des Arts de Diffusion en Louvain-la-Neuve, Bélxica. Traballa como director e guionista de diversos programas de televisión e cinema. En 2014 dirixiu Rex, a súa primeira curtametraxe.
JUDGEMENT
Raymund Ribay Gutiérrez
Filipinas
2018 | 15'
Joy, nai dunha nena de catro anos, finalmente decide presentar unha denuncia de violencia doméstica contra o seu marido abusador, Dante.
Raymund Ribay Gutiérrez
Raymund Ribay Gutiérrez é director e guionista filipino, graduado en Artes Multimedia. En 2018, a súa segunda curtametraxe, Judgement, foi nomeada á Mellor Curtametraxe do Festival de Cannes, converténdose no primeiro director filipino en competir pola Palme de Ouro dúas veces na categoría de curtametraxes.
RECONSTRUCTION
Jiří Havlíček/Ondřej Novák
República Checa
2018 | 15' 52''
Olda (17 anos) é un acusado que espera o seu xuízo nun centro de detención para menores. A monótona vida no presidio entrelázase gradualmente con lembranzas dunha reconstrución policial. Unha noite aburrida na que unha cruel diversión rematou nunha morte.
Jiří Havlíček/Ondřej Novák
Jiří Havlíček & Ondřej Novák son dous directores checos. Havlíček ten creado contido para plataformas de televisión e dirixiu dúas curtas experimentais: Captives(2012) e Week (2012). Novák realizou varias curtas documentais e videoclips; é membro de “Motiv Collective”, onde se enfoca á escritura de guións para comics, xogos interactivos e animación. Para ambos, Reconstruction é o debut na dirección dunha curta de ficción.
CHEER UP BABY
Adinah Dancyger
Estados Unidos
2017 | 13'
Unha muller nova, que foi asaltada sexualmente por un estraño no metro, presenta unha ameaza psicolóxica e dislocación sensorial nesta historia elíptica.
Adinah Dancyger
Adinah Dnacyger é directora e actriz, coñecida por Chopping Onions (2015), Cheer Up Baby (2017) e Apsis (2012).
LA CIUTAT INTERIOR
Iso Luengo/Jorge Moneo Quintana/Andrea Ballesteros i Beato
España
2018 | 24' 32''
Pode ser o lugar de traballo un espazo para a elucubración, a meditación e o afecto? Os/as porteiros/as desenvolven a súa xornada en lugares de tránsito mentres permanecen vixiantes e solícitos. Confinados durante a xornada laboral nestes espazos, compartirannos as súas confesións.
Dirección múltiple
Iso Luengo, Jorge Moneo Quintana e Andrea Ballesteros i Beato son licenciados en Belas Artes en diferentes universidades españolas e coñecéronse en Barcelona dentro do Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo (UAB) onde produciron a súa primeira película, La Ciutat Interior, que percorreu diversos festivais de cinema internacionais. Na actualidade, os tres desenvolven os seus propios proxectos.