FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

O cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2019 inspírase no concepto da emigración, un dos eixos temáticos do certame

13 Agosto, 2019

  • A imaxe grafica da nova edición do Festival, que se celebrará a comezos de decembro en Verín, é obra de José Antonio Velasco, creativo publicitario cunha dilatada experiencia nos eidos da comunicación e da publicidade

Verín, 13 de agosto de 2019.- O cartel ilustrador do Festival Internacional de Curtas (FIC Vía XIV) de Verín 2019 foi presentado esta mañá na vila do Támega por Carlos Montero, director do certame, xunto a Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín; Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do festival; e José Antonio Velasco, autor do mesmo.  Trátase dun deseño deste creativo publicitario cunha dilatada experiencia nos eidos da publicidade e da comunicación.

Tal e como apuntou Carlos Montero durante a presentación da imaxe gráfica do certame, o concepto creativo “está inspirado nunha fonda fenda da nosa terra: a da emigración, a da busca desesperada dunha oportunidade”. Precisamente, o da Emigración é un dos eixos temáticos arredor dos cales o FIC Vía XIV sustenta a súa programación (xunto aos de Entroido e Fronteira).

Baixo a denominación Soños ao voo, o deseño realizado para a cuarta edición do festival verinés representa a abstracción dunha inmensa bandada de paxaros nos seus ciclos de migración. Con isto quérese, tamén, en certo modo representar o carácer integrador do FIC, ao preseleccionar cada ano máis dun milleiro de pezas cinematográficas procedentes de todos os recunchos do planeta, “que cargan nas súas ás soños de gloria”, tal e como destaca o autor do deseño, José Antonio Velasco. “Como antes o fixeron os galegos naqueles tempos difíciles”, abonda.

Xunto a isto, a forma dos focos de luz plasmada no deseño fai referencia ao número da edición, a cuarta. Precisamente, ao respecto da nova edición do certame, que se celebrará entre o 30 de novembro e o 8 de decembro, Carlos Montero quixo lembrar que o prazo para a recepción de curtas permanece aberto e que as bases para a participación no Festival poden consultarse na web www.ficviaxiv.com.

Sobre o autor

O autor do cartaz ilustrativo da nova edición do FIC, constituíu en 1988 en Madrid a firma Línea Mayor, un estudo creativo para dar servizo tanto ás grandes axencias de publicidade (Tapsa, Euro RSCG o Wunderman) como a clientes directos (Aresbank, Auxini, Real Madrid C.F.).

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies