logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O Festival Internacional de Cine Play-Doc será o certame convidado na V edición do FIC Vía XIV

17 Agosto, 2020

  • Este Festival celebrará a súa XVI edición en Tui entre o 23 e o 27 de setembro

Verín, 17 de agosto de 2020.- O Festival Internacional de Cine Play-Doc, que se celebrará na localidade pontevedresa de Tui entre o 23 e o 27 de de setembro, toma o relevo do RIR de Allariz na categoría de festival convidado polo FIC Vía XIV. “Cada ano, dende o Festival Internacional de Curtas de Verín queremos render tributo e por en valor o excelente traballo que realizan os nosos colegas en diferentes partes de Galicia”, sinala o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero.

“E este ano optamos por convidar a representantes do Festival Internacional de Cine Play-Doc, que contan cunha sólida e recoñecida traxectoria de máis de tres lustros organizando un festival de referencia, para que nos trasladen a súa experiencia”, engade.

Deste xeito, na xornada do 10 de setembro poderá visionarse no Auditorio de Verín unha selección de curtas proxectadas en edicións anteriores do Play-Doc. Un festival, que ao igual que o FIC Vía XIV de Verín, ten previsto celebrarse en setembro nunha edición especial que “garanta a seguridade do público, dos convidados e do propio equipo, facendóo compatible co pleno desfrute da súa programación e actividades paralelas”, segundo sinalan os seus responsables.

Sobre Play-Doc

Ao longo das súas 15 edicións anteriores, Play-Doc consolidouse como un referente logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigurosa e un público estremadamente heteroxéneo.

Como espazo cultural, o festival deu cabida tanto a novos creadores como a verdaderas lendas da sétima arte, tales como Albert Maysles, Bruce Weber ou Artavazd Pelesjan, así como a cineastas de culto, ás veces esquecidos ou censurados como Kidlat Tahimik, Charles Burnett ou Peter Emanuel Goldman, entre moitos outros.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *