LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE VERÍN -VÍA XIV- PRESENTA O SEU XURADO OFICIAL

24 Novembro, 2016

jurado-montaje

  • O festival contará, na súa primeira edición, cun xurado de primeiro nivel integrado por Jorge Coira, Ledicia Sola, Sandra Pinho, Alberte Branco e Emilia Somoza

O xurado do I Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV, evento que terá lugar na vila entre os días 5 e 11 de decembro, contará na súa primeira edición cun xurado de primeiro nivel. Estará integrado por Jorge Coira, Ledicia Sola, Sandra Pinho, Alberte Branco e Emilia Somoza. A función deste organismo será avaliar as curtometraxes seleccionadas segundo os criterios e coñecementos que teñen estas relevantes figuras dentro do ámbito audiovisual.

Jorge Coira naceu na localidade lucense de Rábade. É un importante director, guionista e montador tanto de cine como de televisión. Cunha formación autodidacta, comezou a súa andaina profesional a finais dos anos 90. Dende entón, a traxectoria do rabanense mantén unha tendencia exitosa. Destacan as súas curtametraxes Mofa e Befa en Gran liquidación e O matachín, as longametraxes O ano da carracha e 18 comidas e os documentais Torre de Breoghán, ¿Qué culpa tiene el tomate? e Días de reparto. En televisión, participou en proxectos con moita repercusión como as series Luci e RIS. No presente ano, recibiu un Goya pola montaxe do filme El desconocido.

A actriz ourensá Ledicia Sola é coñecida polo seu traballo en series de televisión, cine e teatro. Participou nas series Gran reserva, O nordés e Periodistas, entre moitas outras, representando en cada unha os papeis de Mónica Robledano, Eva Mouzo e Aissa respectivamente. Tamén traballou nas curtometraxes A través del espejo e El gol en propia meta. No teatro, formou parte das obras El apagón e Amigos ata a morte. Esta polifacética intérprete puxo en escena o papel de Viguesa en A esmorga e de Nina en Os fenómenos. Por este último proxecto recibiu o premio Meste Mateo por Mellor Actriz de Reparto no ano 2014.

Sandra Pinho naceu en Angola. Aos 7 anos mudouse a unha aldea de Montealegre. Máis adiante, remataba os seus estudos universitarios de Xeoloxía na cidade de Oporto. Actualmente vive en Vilarelho da Raia e é profesora da materia Bioloxía e Xeoloxía en Chaves. É a presidenta do cineclub de Chaves, asociación que realiza anualmente a mostra de cinema À Raia! coa finalidade de promover e divulgar o sétimo arte portugués e galego.

Alberte Branco, membro da Asociación Española de autores de obras Cinematográficas e da Academia Galega do Audiovisual, xa leva na súa traxectoria de director de fotografía nove longametraxes tanto de ficción coma de non ficción. Conta con catro premios pola súa labor profesional: o de Melhor Fotografía pola longa-metragem Os fenómenos do Festival Ibero-Americano de Cinema en Fortaleza; o de Mellor Dirección de Fotografía nos Premios Mestre Mateo por Encallados e Vilamor e o Best Cinematography no New York City Film Festival por Vilamor.

Emilia Somoza, natural de Viana do Bolo, é a Concelleira de Cultura de Verín. Ademais, é membro do equipo directivo do Festival Internacional de Curtas Vía XIV. Dende hai 8 anos participa nun grupo teatral da vila. Participa anualmente na preparación do Festival de Teatro Entreculturas, que xa cumpre 7 anos. A finalidade desta cita é coñecer e interactuar con outros grupos teatrais tanto da Galiza coma de Portugal, deixando apertura tamén para o resto de comunidades do Estado Español.

PREMIOS DO FIC VERÍN

Os premios que serán otorgados polos membros do xurado son os seguintes:

  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Entroido: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Emigración: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Fronteira: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Guión: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Actor: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Actriz: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Director: 600 euros e Trofeo.

 A maiores, será o propio público asistente ao certame os que, mediante un sistema de votación por papeletas, elixirá o Premio do público á Mellor curtametraxe de 600 euros e Trofeo

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *