FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

O Festival Internacional de Curtas de Verín volverá contar con estudantes da Universidade de Santiago como voluntarios

2 Novembro, 2017

 O Concello de Verín renovará o convenio asinado o ano pasado co Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC

Verín, 02 de novembro de 2017.- O Festival de Curtas de Verín (FIC) volverá contar para a súa vindeira edición con voluntarios dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Estes alumnos realizarán tarefas de prensa, xestión de redes sociales, realización e produción audiovisual durante o evento.

O Concello de Verín renovará o convenio asinado o ano pasado co Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC para contar coa participación de estudiantes voluntarios na organización do certame, que procederándo grao de Comunicación Audiovisual.

“Este convenio supón unha oportunidade de voluntariado enfocada á vida profesional destes estudantes, que terán a oportunidade de traballar man con man con expertos do sector e participar activamente e in situ na produción integral dun evento internacional como é o Festival de Curtas de Verín”, destaca Carlos Montero, director do certame.

Como inscribirse

Os interesados en formar parte da preproducción e do desenvolvemento do Festival como voluntarios teñen que ser maiores de 18 anos e poden enviar xa a súa solicitude á organización, mediante o cuestionario que poden descargar na páxina web do FIC (http://ficviaxiv.com/voluntarios-gl) a través do seguinte enlace: https://goo.gl/forms/5N147pk8J5N78heS2

Para ser partícipe e colaborar nesta edición do Festival de Curtametraxes non é necesario ningún tipo de requisito, nin ter experiencia previa, tan só ser unha persoa predisposta e amante do cinema que queira colaborar de xeito altruista.

Os voluntarios obterán un diploma de recoñecemento por participar na organización do certame, que se desenvolverá en Verín entre o 1 e o 10 de decembro.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies