LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O FIC estrea imaxe corporativa para adaptala aos tempos actuais e á anovada filosofía do certame como espazo cultural permanente dentro da vila de Verín

24 Xuño, 2023

  • A organización do festival presentou hoxe a nova identidade gráfica do foro, que será aplicada en todos os seus soportes e canles visuais, documentais e de comunicación

 

  • Cunha composición que aposta pola simetría e transmite un maior dinamismo, a nova imaxe do FIC Vía XIV de Verín conceptualiza graficamente os eixos temáticos esenciais do certame: Entroido, fronteira e emigración

 

Verín, 24 de xuño de 2023.- O FIC Vía XIV de Verín está de estrea. A directiva do certame deu a coñecer hoxe a nova imaxe corporativa do festival que substitúe á que se viña empregando dende o ano 2016, data na que xurdiu a iniciativa. Segundo sinalou Jorge Godás, director de Creatividade e Multimedia  do FIC durante a presentación da nova identidade gráfica, “esta renovación persegue modernizar e adaptar a imaxe de marca ao tempo presente” e por iso aposta “por unha liña de deseño tremendamente actual, cunha composición tipográfica simétrica que transfire maior dinamismo”.

Godás presentou a nova imaxe corporativa do festival xunto ao director do certame, Carlos Montero e xunto a Álex Nieves, director de Produción. Un traballo que foi realizado pola axencia de comunicación coruñesa The Office.

 

Un verdadeiro contedor cultural

O responsable de Creatividade do festival admitiu que a identidade gráfica renovada do certame “conceptualiza á perfección os eixos temáticos que inspiraron e seguen a rexer a programación do FIC: Entroido, fronteira e a emigración”, e á vez “transmite a nova filosofía que dende a organización se lle quere imprimir á iniciativa, coma un espazo cultural con vocación de permanencia e continuidade ao longo do ano”.

É dicir, trátase de expresar graficamente o obxectivo da Asociación Cultural Vía XIV por facer do FIC un verdadeiro contedor cultural que programe actividades relacionadas co audiovisual en Verín en diferentes meses do ano, máis aló da súa semana grande propiamente dita.

“Plantexamos nesta presentación a renovación da imaxe visual cunha nova adaptación do seu logotipo, simplificando elementos e actualizando conceptos, facendo unha versión máis dinámica e moderna que manteña toda a esencia e vinculación cos puntos claves do Festival”, sintetizou Godás durante a presentación.

Aplicación en diferentes soportes

Como é lóxico, a nova identidade gráfica do certame vai ser aplicada dende xa en todas as súas canles de comunicación e soportes documentais, dende a páxina web e as redes sociais ata os pés dos enderezos electrónicos oficiais, pasando pola creación de merchandising específico que axude a visibilizala.

O festival, que este ano acada a súa VIII edición, naceu coma unha homenaxe dun grupo de homes e mulleres de Verín interesados en dinamizar culturalmente a comarca a través do audiovisual. Hoxe por hoxe, trátase dunha iniciativa que está plenamente asentada na axenda anual de ocio e lecer da vila.

Na súa concepción orixinal, o FIC Vía XIV quixo homenaxear á vía romana que lle dá nome, que atravesa o val do Támega e que foi empregada como un elemento vertebrador de transmisión da cultura e da civilización ao longo da Historia. Dende a organización do FIC quixo recollerse este legado creando un certame audiovisual, de vocación internacional, cuxas categorías temáticas iniciais tiñan que ver con tres eixos definitorios da idiosincrasia do sur de Ourense como son os conceptos de Entroido, fronteira e emigración.

A estes conceptos uniuse co tempo unha categoría denominada Nova, na que se puidesen proxectar curtas que explorasen tendencias e formas actualizadas de expresión cinematográfica. A miúdo, curtas alonxadas das convencións narrativas e visuais do cinema comercial, que procuran innovar en termos de estilo, estrutura ou contido.

 

Unha nova categoría para os máis pequenos

Finalmente, este ano o equipo directivo adoptou a decisión de implantar unha nova categoría dentro do FIC, con programación específica para os espectadores en idade escolar. Trátase da categoría infantil e establécese como resposta ao grande interese e ampla aceptación das actividades paralelas para os cativos e cativas que dende a organización do certame se impulsaron en anos anteriores.

A vindeira edición do festival vaise celebrar no Auditorio de Verín entre o 8 e o 17 de setembro deste ano e, na actualidade, os interesados en remitir as súas curtas a concurso xa poden facelo seguindo as directrices marcadas nas bases do certame e publicadas na web ficviaxiv.com.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *