FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Actividades paralelas 2020
    • Estrea de entroidar
    • Estrea de Hijas de Galicia, Macorinas
    • Música e cinema a cargo da Banda de Gaitas Nova Era
    • Festival Convidado: Play-Doc
    • Homenaxe a Luis Zahera
    • Frei Chitín
    • Proxección Caminos de Tierra
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Xurado FIC Vía XIV 2020
  • Programación
    • Selección oficial
      • Nova 1
      • Nova 2
      • Nova 3
      • A raia 1
      • A raia 2
      • Outra mirada 1
      • Horizontes 1
      • Horizontes 2
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

O FIC Vía XIV aposta novamente por poñer en valor o papel da música no cinema cunha actividade paralela a cargo da Banda de Gaitas Nova Era de Verín

31 Xullo, 2020

  • “A música, como elemento central da cinematografía, ten cada ano protagonismo na axenda do noso Festival”, destaca Carlos Montero

Verín, 31 de xullo de 2020.- Na súa inquedanza por ligar música e cinema, ao igual que xa se fixera en edicións anteriores, o Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín programa unha actividade paralela a cargo da Banda de Gaitas Nova Era de Verín. Trátase dunha iniciativa ao abeiro do cal un grupo de cinco membros desta banda ofrecerá unha proposta musical orixinal, alternativa e de seu para unha das curtas que se programen no certame. “Preténdese facer fincapé en como a música pode axudar a transmitir as mensaxes presentes nas imaxes”, recalca Carlos Montero, director do FIC Vía XIV de Verín, ao respecto da actividade.

Ao mesmo tempo, esta actividade pon en valor “a música como elemento central da cinematografía”, unha cuestión que “cada ano ten protagonismo na axenda do noso Festival”. Sen ir máis lonxe, Montero lembrou que o ano pasado o Auditorio de Verín ofreceu unha actividade no marco do FIC para por en valor as bandas sonoras do cinema da man de Edelmiro L. Mateo.

Banda de Gaitas Nova Era

Con esta actividade paralela, ademais, dase protagonismo aos axentes culturais vivos da comarca. “A banda de gaitas Nova Era nacía en 2015 para dinamizar a vida musical de Monterrei a través dun proxecto cultural dun grupo de mozos e mozas que buscabamos plasmar as nosas inquedanza musicais, romper os estándares e explotar novos camiños”, sinala Alejandro Nieves, voceiro da agrupación.

Trátase dun conxunto de 45 músicos cun repertorio que vai dende a muiñeira galega ao swing americano e que se caracterizan pola combinación de tres seccións ben diferenciadas: a sección de gaitas galegas afinadas en Si bemol; a sección de percusión, que combina instrumentos da música tradicional galega, centroeuropea, latina e clásica; e a sección orquestral, formada por  instrumentos de vento-metal, vento-madeira, corda e interpretación vocal.

A súa música cruzou varias fronteiras durante estes anos con actuacións en festivais internacionais de República Checa, Francia, Portugal e España. Tamén gravaron e publicaron o seu primeiro traballo discográfico, “Rumbo NE”, que vía a luz o pasado Nadal.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies