LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O FIC Vía XIV de Verín enriquecerá este ano a súa programación exhibindo traballos do Curtas-Festival do Imaxinario de Vilagarcía

22 Xullo, 2023

  • O certame arousán será neste 2023 o convidado pola organización do foro cinematográfico de Verín

 

Como cada ano, a organización do FIC Vía XIV de Verín selecciona un festival cinematográfico para renderlle homenaxe no marco da súa programación e intercambiar experiencias cos seus responsables ao longo da semana na que se desenvolve o certame. Na súa terceira edición, o foro cinematográfico verinés, que se vai celebrar na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, instaurou a tradición de contar cun festival convidado e exhibir algúns dos seus traballos máis salientables. Este ano, o certame invitado polo FIC Vía XIV será o Curtas-Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa.

“Non é un festival calquera”, sinala Carlos Montero -director do FIC- ao respecto do certame de Vilagarcía de Arousa. “Trátase do festival cinematográfico decano de Galicia, que o ano pasado celebrou o seu primeiro medio século de vida, todo un mérito ao alcance de moi poucos certames”, destaca. “Por iso, estaremos encantados de contar en Verín cos responsables deste foro para manter unha charla-coloquio na que nos poidan explicar cal é o segredo do seu éxito e tamén teremos ocasión de visionar traballos que foron distinguidos no marco deste festival en edicións anteriores”, engade Montero.

Carácter multidisciplinar

Aínda que naceu coma un festival afeccionado, co paso do tempo o foro cinematográfico de Vilagarcía de Arousa consolidouse como un punto de encontro de primeiro nivel para o eido cinematográfico galego adquirindo, ademais, un carácter multidisciplinar que tamén pon en valor a literatura ou o mundo do cómic.

A VIII edición do FIC Vía XIV de Verín contará cunha sesión na que se proxectarán e visualizarán algunhas das obras máis valoradas nas últimas edicións do Curtas-Festival do Imaxinario de Vilagarcía, pezas que serán presentadas por membros do equipo directivo deste certame. Unha actividade que está inicialmente programada para o venres, 15 de setembro.

Dende que o Festival de Curtas de Verín decidiu comezar a convidar outros certames cinematográficos para estreitar lazos de colaboración, no Auditorio da vila puideron verse traballos de festivais de renome coma o Play Doc-International Documentary Festival; o RIR de Allariz; o Tempo Documentary Festival de Suecia; o Festival de Animación Animacam ou o Galician Freaky Film Festival de Vigo.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *