logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O FIC Vía XIV ofrece unha proposta sonora alternativa á curta O carro e o home

7 Setembro, 2020

  • Un grupo de membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín encargouse de poñer banda sonora a esta peza documental, rodada nos anos 40, no marco dun acto que foi conducido por Pepe Coira

Verín, 07 de setembro de 2020.- O FIC Vía XIV explorou un ano máis a relación entre a música e o cinema, un dos eixos recurrentes ao longo dos seus cinco anos de vida. Nesta ocasión, a organización do Festival contou co apoio dun grupo de membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, que ofreceu unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental.

A curta á que os membros da Banda puxeron música é O carro e o home, unha película documental en branco e negro dirixida por Antonio Fernández-Román e guionizada entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román, que foi rodada en 1940 e estreada en 1945. Finalizada a súa rodaxe, a película quedou sen sonorizar e Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense, que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ao pulo de Eloy Lozano e á colaboración do Museo do Pobo Galego.

A actuación musical, celebrada no Auditorio de Verín, foi presentada por Pepe Coira, ex director do CGAI, e prestixioso crítico, guionista e director cinematográfico galego.

Axenda do luns

A axenda de actividades paralelas do FIC Vía XIV continuará este luns pola tarde coa proxección do documental Caminos de Tierra, que detalla a experiencia vivida por tres mozos de Verín na súa viaxe de Galicia a Polonia a bordo dunha caravana autosostible. Máis tarde, no mesmo recinto do Auditorio, Frei Chitín -unha das persoaxes máis singulares do Entroido da vila- ofrecerá un espectáculo que garantirá as risas do público co seu humor cheo de retranca e ironía.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *