- Trátase dun certame moi consolidado no país escandinavo
Verín, 08 de xullo de 2021.- O Tempo Documentary Festival de Suecia, un dos máis arraigados festivais audiovisuais do país escandinavo que este ano acadou a súa XXII edición, será o festival convidado pola organización do FIC Vía XIV de Verín na súa vindeira edición, que se celebrará entre o 4 o 12 de setembro.
O Tempo Documentary Festival celebrou a súa última edición en marzo deste ano e fíxoo de xeito dixital, case completamente. Incluso a entrega de trofeos celebrouse en modo dixital.
O Tempo Documentary Festival, o máis grande de documentais de toda Suecia, fundouse no ano 1998 “e ao longo do tempo estableceuse como un foro único para a presentación de traballos documentais internacionais máis aló das froteiras tradicionais”, argumenta Carlos Montero, director do FIC Vía XIV. Deste xeito, o certame adoita acoller na sua axenda formas de expresión máis experimentais xunto a cinema, radio, fotografía ou realidade virtual.
Aqueles que acodan a esta actividade paralela do FIC Vía XIV 2021 de Verín poderán visionar algunhas das curtas seleccionadas a concurso polo Tempo Documentary Festival en anos anteriores.
Deixa unha resposta