UN FANTASMA RECORRE
Tito Montero
España
2019
12’
O 12 de marzo de 2019 o Retrato de Fernando VII, pintado por Goya en 1814, chega dende Santander ao Museo de Belas Artes de Asturias para permanecer enfrontado na mesma sala durante varios meses a outro cadro seu, Retrato de Jovellanos, co areal de San Lorenzo ao fondo.
Autor: Tito Montero
Cineasta, escritor y periodista. Dirixe a primeira serie web da televisión pública asturiana, Regreso a la aldea perdida.
BOS
Steffen Geypens
Bélxica
2019
9’
O bosque é sospeitosamente tranquilo. O vento cruxe con suavidade a través das follas, o sol reflíctese húmido e non se poden ver animais. O único que perturba a paz é o xadear de dous adolescentes trotando. Cando chegan a un espazo aberto, a tensión xorde de repente.
Autor: Steffen Geypens
Traballou coo produtor para a prestixiosa e galardoada empresa Caviar e filmou varias curtametraxes, que foron seleccionadas para máis dun cento de festivais de todo o mundo.
REWILD
Nicolas Chin/Ernest Zacharevic
Indonesia
2019
4’
Peza da campaña de arte activista Splash and Burn, realizada a partires da restauración forestal nas fronteiras do ecosistema Leuser, e que revela un símbolo de rebobinado tallado nunha plantación de aceite de palma en Sumatra, Indonesia
Autor: Nicolas Chin/Ernest Zacharevic
Chin (Malasia, 1991) percorre o mundo rodando videoclips e anuncios nas localizacións máis estrañas, dende o interior dun volcán ata Siberia a 40ºC baixo cero.
Zacharevic (Lituania, 1986) é un artista preocupado pola relación entre arte e paisaxe humano, reflexionando sobre os conceptos de cultura e comunidade nas súas performances.
SOMETHING TO REMEMBER
Niki Lindroth von Bahr
Suecia
2019
5’
Unha cancion de berce antes do gran desastre. Dúas palomas visitan un zoolóxico sen animais, un caracol mide a presión arterial no médico. No laboratorio do CERN algo saiu tremendamente mal.
Autor: Niki Lindroth von Bahr
Estudou animación no Royal Institute of Art. Obtivo un Mestrado en Belas Artes en 2016. Varias das súas películas proxectáronse en prestixiosos festivais como Sundance ou a Berlinale.
WE SOUNDS
David Carrizales
España
2019
3’
Coma humáns, parecerá que non somos quen de aceptar a nosas diferenzas. Pero, realmente, somos tan diferentes? We_sounds; todos somos iguais
Autor: David Carrizales
Madrid, 1980. Director creativo, director de arte e realizador con mais de 10 anos de experiencia na industria do deseño, da creatividade e da publicidade. Cun excepcional coidado polo detalle, dirixiu un gran número de proxectos de motion graphics, deseño interactivo e gráfico. We_sounds é a súa primera curta coma director.
EL INFIERNO Y TAL
Enrique Buleo
España
2019
9’
Unha pila de libros de autoaxuda. Uns calendarios de mulleres espidas. Unha tenda clandestina. Un disfraz de Sancho Panza. Unha moza que sofre.
Autor: Enrique Buleo
Nado e Villanueva de la Jara (Cuenca) en 1979, graduouse en Belas Artes no ano 2001. Xa durante os seus anos universitarios comezou a realizar pezas de vídeo e a simultanear os seus traballos audiovisuais con outros de índole plástica como a serigrafía.
FEITIZO
Alejandro González/Patricia Porto
Galicia
2020
6’
Unha ollada ao noso Entroido, a esta tempada máxica que ennche de cor e disfraces a vila de Verín.
Autor: Alejandro González/Patricia Porto
Director de Verín, profesional da produción videográfica e realizador de videos, curtametraxes e eventos.
Patricia Porto González é xornalista graduada por a Universidad Pontificia de Salamanca, especializada en comunicación institucional por a Universidad Internacional de La Rioja, aficionada a escribir guións e textos varios.

OS FACHUCOS
Borys Martínes & Alejandro González
Galicia
2020
8’
O documental trata de representar, en primeira liña, un sentimento: o que os lugareños procesan ao Entroido de Oímbra. Unha ollada realista realizada mediante declaracións dos seus protagonistas.
Autor: Borys Martínez & Alejandro González
Martínez dedícase ao eido da fotografía e da realización videográfica en Verín e González, natural tamén da vila, é un profesional da produción videográfica e realizador curtametraxes e eventos. Cunha visión moderna do mundo, ambos os dous traballan de forma vangardista.