- O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín presenta hoxe pezas con temática de Emigración, Entroido e Fronteira.
- Tamén se estrea a mostra do fotógrafo Carlos Folgoso sobre emigración que se poderá visitar ata o venres. Ademais terá lugar un foro sobre a mesma temática, moderado por Rafael Cid.
Entre hoxe e o venres 9 de decembro terá lugar no Auditorio Municipal, por conta do fotógrafo Carlos Folgoso, unha vídeo mostra fotográfica sobre a actual crise migratoria de Europa. El mesmo declara que, para captar as imaxes, conseguíu “entrar infiltrado” e facerse pasar por un inmigrante dentro dun Centro de Identificación e Expulsión e así poder comprobar por si mesmo a “diferencia entre a realidade e o que me querían facer ver”.
Ademais, ás 18 horas no propio Auditorio, terá lugar un foro sobre a emigración galega, no que se falarán das súas causas e consecuencias, así como da proxección actual que podemos atopar tanto na nosa terra coma nos territorios de África, Siria e outras partes do mundo. Moderado polo director da delegación galega da RTVE, Rafael Cid e no que participarán o fotoxornalista Carlos Folgoso, o especialista en exilio económico e político Xurxo Martínez Crespo e os emigrantes retornados Xosé Leirós Gude e José Antonio Silva Abuín. Un tema de vital importancia para Galicia como indica Rafael Cid: “a emigración a Suíza, Alemaña e Francia a partir dos anos 60 cambiou completamente a nosa comarca no económico, urbanístico, familiar e emocional.”
E a programación do Festival continúa nos dous recintos con proxeccións de curtas durante toda a tarde, que serán, coma todas as do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, de balde.
Auditorio Municipal
A partir das 20:30 comeza a proxección dun bloque de 7 curtametraxes que continúan a temática da Emigración:
- Salsa, dirixida por Elena Muñoz Cano, é unha historia de catro persoas anónimas que utilizan o baile e o seu poder transformador como medio de expresión de sentimentos e emocións.
- Dent de lleó, unha peza de 7 minutos dirixida polo español Jorge Bellver sobre globalización e esperanza.
- Cómplices por accidente, de Alfredo Panadero, unha historia dunha casualidade na que dous atracadores decidan atracar unha gasolineira o mesmo día.
- Alone, de Arcadi Marín Morales, reflexa a vida dun ancián que vive só en condicións precarias agardando que a súa filla acuda a visitalo.
- 56, de Marcos Huertas é a loita de 3 nenos dunha pequena aldea de Madagascar por conseguir 56 kg de arroz
- Haters, 3 intensos minutos dunha curta dirixida e producida por Sergio Manuel Sánchez Cano e que se sumerxe máis aló do odio.
- Cuco, unha peza mexicana de Davek Carrizosa, que narra a historia de Ana que fuxe da casa para esquivar o seu pasado pero que terá que rematar enfrontándose a el no presente.
A continuación, a partir das 22:15 h, terá lugar a reprodución dun bloque de curtametraxes sobre o Entroido:
- Criaturitas, dirixida por Ignasi López, é unha curta española sobre dous exércitos que nacen da escuridade e que rematarán nun feroz enfrontamento.
- O Moredo, de David Vázquez, é unha curta española sobre o Entroido Ribeirao.
- La conmoción del silencio, dirixida por Nancy Molina Díaz de León, é un documental que versa sobre o folclore do ruído da cidade de México.
- Ulises, dirixida por Aitor Gutiérrez, é unha curta española sobre un home solidario cun plan por descubrir.
- O projeto do meu pai é unha curta brasileira de animación.
- Juegos de risa, dirixida por Marko Simic, é unha curta española que reflexiona sobre as raíces do ensino cos conceptos de risa, xogo e improvisación.
Casa da Cultura
Na Casa da Cultura de Verín as proxeccións de curtametraxes comezan as 18: 00. En total proxectaranse nesta sesión 6 curtas, todas elas relacionadas coa emigración.
- Share o no Share, de Juan Hervella Rego, é unha historia dun reality show salvaxe no que 6 inmigrantes compiten por obter a residencia legal.
- Kamishibai, é unha curta brasileira dirixida por Tatiana Azevedo, que conta historias de inmigrantes xaponeses neste país.
- Stalingrado, dirixida por Anyora Sánchez é unha peza sobre unha relación edipiana, amor e tamén aceptación.
- The heat wave, dirixida por Lucía Valverde é unha historia cotiá sobre unha parella de namorados ós que visita o pai da noiva. Ingo, o xenro, decide prepara unha paella para impresionalo. Con tan mala sorte que queda fora da casa e coa pota o lume.
- 17 años juntos, unha historia dirixida por Javier Fresser na que facer felices ós demais pode ser o mellor dos regalos.
- Donde caen las hojas, de Alicia Albares, é a historia de Eva, unha muller destruída pola morte da súa filla que se ve obrigada enfrontarse de novo a unha situación límite coa súa nai.
A partir das 20:00 dará comezo outra proxección cunha serie de 6 pezas que teñen o entroido como tema principal.
- Ikal, de Álvaro Figuerola, na que se mesturan secuestros, bruxas e profecías.
- Taller de corazones que é unha produción mexicana dirixida por León Fernández. Unha historia dun artesán que repara corazóns rotos pero que esconde un misterioso segredo.
- El quimérico espectáculo de los Bizzaneli vén de Colombia e fala sobre unha familia de artistas que convive nunha habitación e que cada día se prepara para o seu espectáculo, que non deixa de ser o reflexo do seu drama diario.
- Cruel perdón, dirixida por Fabio Colonna é unha inquietante historia dun rapaz que atopa o cadáver da súa nai na bañeira. A súa tía faise cargo del pero algo estraño comeza a acontecerlle tamén a ela.
- Dieciocho, dirixida polo español Tonet Ferrer, conta a histora da festa dos 18 anos de Jennifer, un aniversario do máis atípico.
- Briue Gallagan, dirixida e producida por Pau Perramon é unha historia de espías galácticos que se deberán enfrontar a toda clase de perigos, incluídos eles mesmos.
A última das sesións iniciarase as 22:15 h coa proxección de curtametraxes do bloque temático Fronteira:
- Wut, unha pez de Sergi Martí, é unha curta sobre un rottwailer que pertencía a un soldado nazi.
- El Pozo, de Héctor Domínguez-Viguera Queija, é unha curta española sobre dúas irmás que viven en tempos de guerra agochadas nunha casa vella.
- Naara, dirixida por Paul Urkijo Alijo, é unha curta española producida por INGUMA FILMAK e AAMI.
- Por eso no tengo hermanos, dirixida por Paco Cavero, é unha curta que versa sobre a excursión nun pantano de dous homes: Antonio e Carlos.
- A prueba, dirixida por Pablo L. de Aramburu, é unha peza española sobre Marta, unha rapaza en período de proba na garda fronteiriza.
- O menino do dente de ouro, dirixida e producida por Rodrigo Cesar Cortez, é unha curta brasileira.
Deixa unha resposta