SAFIYYAH
Mattis Goksoyr
Noruega
2019
10’
Amir, un mozo danés de orixe palestina, baila nunha discoteca de Oslo e coñece a unha moza, coa que vai á casa. Todo se torce cando se dá de conta de que ela é una rapaza de ascendencia xudía.
Autor: Mattis Goksoyr
Director noruegués nado en 1992. Safiyyah é a súa segunda curtametraxe e foi galardoada en numerosos festivais. Actualmente, está a preparar unha serie de televisión e a súa terceira curta, ademais de dirixir anuncios comerciais.
MILK
Samiramis Kia
Canadá
2019
13’
Anna, unha nena de 7 anos, ten que elixir entre a dozura da ignorancia e a amargura da realidade.
Autor: Samiramis Kia
Directora, guionista e produtora orixinaria de Irán. Tras graduarse en Arquitectura de Interiores, decidiuse a seguir a súa paixón pola realización de películas tras emigrar a Canadá en 2012. Dende entón participou en diferentes exposicións de fotografía e cine en todo o mundo.
THE DISHWAHER
Nick Hartanto/Sam Roden
USA
2019
12’
O chef dun gran restaurante da cidade de Nova York pregúntalle a un fregador de pratos mexicano onde atopar boas tortillas de millo para facer tacos.
Autor: Nick Hartanto/Sam Roden
Hartanto vive en Brooklyn (Nova York) mentres que Roden vive en Os Ánxeles (California). Traballan xuntos dende 2016, realizando dous documentais amplamente galardoados. The Dishwasher é a primeira curtametraxe de ficción que dirixen conxuntamente.
BEYOND THE GLACIER
David Rodríguez
España
2019
18’
Este filme documental rodado en Kirguistán e Kazajistán aborda o conflito da auga en Asia.
Autor: David Rodríguez
Nado en Avilés, estudou Imaxe e Son no IES de Aramo (Oviedo) e obtivo o título de Realización na Escola de Cinema de Ponferrada e no CECC.