
A xornada inaugural do FIC Vía XIV inclúe, o venres 8 de setembro no Auditorio de Verín, a proxección do documental Un viaje hacia nosotros, guionizado por Pepe Viyuela e dirixido por Luis Cintora.
Un traballo de 70 minutos de duración cun marcado carácter biográfico, no que Viyuela leva a cabo pescudas sobre o pasado da súa familia seguindo o rastro do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil Española.
Un viaje hacia nosotros amosa a realidade dos refuxiados españois no ano 1939, que non difire moito -tal e como detalla a sinopse do documental- da que hoxe viven milleiros de persoas en todo o mundo. Tras o pase do documental, celebrarase un coloquio no Auditorio no que está previsto que participe o propio Viyuela.