FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Un total de 1.261 curtas optan a participar na III edición do FIC Vía XIV de Verín, que xa ten cartel ilustrador

13 Outubro, 2018

  • A imaxe grafica do vindeiro Festival foi creada por Aurora López Pérez, natural de Albarellos de Monterrei

Verín, 13 de outubro de 2018.- Un total de 1.261 curtas procedentes de 55 países dos cinco continentes optan a participar na III edición do FIC Vía XIV, que se celebrará en Verín entre o 1 e o 9 decembro. O prazo de presentación dos traballos expirou o pasado xoves, día 11, e nos próximos días o equipo organizador do Festival encargarase de seleccionar aquelas curtas que mellor encaixen nas catro categorías do certame: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova.

As curtas que aspiran a participar no Festival proceden de países tan diversos como España, Portugal, Brasil, Arxentina, Colombia, Perú, Venezuela, Sudáfrica, India, China, Japón, Corea do Sur, Australia, Tailandia ou Taiwán, entre moitos otros.

A organización do FIC Via XIV agarda que a calidade dos traballos que se exhiban durante os nove días de certame sexa igual ou superior á das dúas primeiras edicións do concurso. Neste sentido, varias das curtas programadas o pasado ano foron distinguidas, posteriormente, en diferentes convocatorias de premios e certames tales como os Goya ou Sundace ou seleccionadas para os carteis oficiais de festivais de recoñecido prestixio internacional tales como San Sebastián, Toronto, Rotterdam ou o New York Film Festival, entre outros.

Cartel ilustrador

Por outra banda, a III edición do FIC Vía XIV conta xa con cartel ilustrador. Trátase dun deseño de Aurora López Pérez, natural de Albarellos de Monterrei, cuxa idea gráfica se sustenta na mirada do espectador. “Quixen involucrar ao que mira, ao que desfruta do cinema, cunha mirada que é global e que é feminina, porque neste 2018, no Ano das Mulleres, non podería ser doutro xeito”, afirma a autora do cartel.

Xunto a isto, a figura feminina que protagoniza o cartel ilustrador e que evoca unha medusa leva tatuadas na pel diversas verbas directamente relacionadas co FIC Vía XIV: as diversas categorías do certame. Deste xeito, ponse en valor directamente o festival e a súa programación “porque só se tatúa aquilo que se considera importante”, conclúe López Pérez.

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies