LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

Xornada orientada ao público profesional con sete actividades diferentes e unha notable afluencia de participantes no marco do III día do FIC Vía XIV 2023

10 Setembro, 2023

  • O Auditorio e diferentes emprazamentos da vila foron os escenarios elixidos para desenvolver unha axenda que incluíu, entre outras actividades, un concurso de pintura para artistas gráficos; un Obradoiro centrado no potencial da Intelixencia Artificial aplicada ao ámbito artístico ou un debate sobre a historia da cinematografía en Verín moderado por Sabela Souto

 

O FIC Vía XIV de Verín desenvolveu na súa III xornada, celebrada este domingo, unha completa axenda de actividades paralelas dirixida principalmente ao público profesional que contaron cun alto grao de participación e se levaron a cabo en diferentes emprazamentos da vila. Así, por exemplo, ao longo de toda o día seguiu celebrándose o obradoiro Interpretación perante a cámara, impartido por Santi Cañaveral e Álex Mallo no que os oito participantes nesta actividade recrearon escenas da historia da cinematografía asesorados por estes dous profesionais da actuación.

Xunto a isto, a Viñoteca Gandainas -situada na Praza García Barbón da vila do Támega- foi o marco elixido pola organización do FIC Vía XIV para levar a cabo o debate Un rural cheo de audiovisual, unha actividade informal concibida coma un espazo de encontro no que artistas, profesionais do audiovisual e do eido cultural debateron sobre as oportunidades e o potencial que teñen os espazos periféricos e as contornas rurais para o desenvolvemento de diferentes proxectos de tipo audiovisual. O apoio aos novos creadores nestas zonas, o fomento de novos públicos, o aproveitamento dos produtos audiovisuais e o achegamento das últimas tendencias ás vilas de menor dimensión foron algúns dos aspectos que centraron o debate.

Tras esta actividade, na mesma Praza García Barbón de Verín houbo unha sesión vermú aberta á veciñanza que estivo amenizada con música de Massy Ferguson.

Concurso de pintura

Sen dúbida, unha das actividades máis novidosas desta edición do FIC Vía XIV foi o concurso de pintura que a organización promoveu este ano entre artistas gráficos maiores de 16 anos que se animaron a recrear sobre lenzo algunha escena ben recoñecida da historia da cinematografía. Os participantes traballaron durante catro horas no interior do Auditorio e as súas obras vanse expoñer durante toda a semana no recinto ata que se decidan os dous premios que se van outorgar, un concedido por un xurado profesional e outro mediante votación popular.

O Obradoiro de Intelixencia Artificial (IA) impartido por Alfonso Sola, docente, investigador e artista, completou o seu aforo. Nesta actividade, celebrada no Auditorio, ofreceuse aos asistentes unha serie de claves para a creación de imaxes con IA. Este seminario de iniciación afondou tamén no emprego desta tecnoloxía e das ferramentas de IA tanto no eido audiovisual coma no artístico.

Proxección da curta Enferma

Fóra de concurso, o Auditorio de Verín acolleu tamén esta tarde a proxección da curta Enferma. Un traballo dirixido por Manel Salgueiro e protagonizado polo actor local Toni Salgado de 24 minutos de duración, concibido como un vibrante thriller dividido en tres partes.

Xunto a isto, tres xornalistas -Carolina Aldara, Rosalía Piñeiro e Concha Caneiro- foron as encargadas de dirixir, no espazo exterior do Auditorio, o podcast Ti mesma, no que charlaron con diferentes convidados ao certame para presentalos e dalos a coñecer, principalmente ao público máis novo, mediante un formato de entrevistas en directo, con toques de humor e reivindicación do cinema.

Historia dos cineclubes

A actividade final do día foi dirixida por Sabela Domínguez Souto, profesional do audiovisual e membro do equipo de traballo do FIC Vía XIV, e levou por título Historia dos cineclubes. Nela, fíxose un repaso pola ampla pegada tradición cinematográfica que sempre existiu na vila do Támega e na súa comarca, onde chegou a haber ata cinco salas de proxección diferentes.

“Unha pegada que, sen dúbida, explica o éxito e a grande aceptación coa que hoxe conta o FIC Vía XIV”, considerou Domínguez Souto durante a súa intervención como moderadora nesta actividade divulgativa na que participaron algúns dos protagonistas dos primeiros movementos cinéfilos que houbo en Verín para recoller a súa testemuña e salvagardar na memoria a súa relevancia.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *