
A Asociación Cultural Vía XIV, responsable da organización do Festival de Curtas de Verín, pon en marcha por primeira vez este ano un novidoso concurso de pintura orientado a artistas gráficos maiores de 16 anos. En colaboración con Artes Van Gogh e Boticas Hotel Art & SPA, a iniciativa convidará aos interesados a plasmar sobre un lenzo a representación dunha escena da historia da cinematografía, que previamente deberán escoller de xeito individual e comunicar á organización do concurso. Os artistas gráficos que participen na iniciativa disporán dun máximo de catro horas, na tarde do 10 de setembro, para realizar a súa proposta e para facela contarán coas ferramentas e co material de traballo específico que lles achegue a organización. Establecerase un premio profesional, outorgado por un xurado, e outro do público, a través dunha votación popular.
As bases do concurso poden consultarse nesta mesma páxina web.
Actividade baixo inscrición previa de carácter gratuito (os interesad@s poden anotarse no formulario habilitado ao efecto nesta mesma web).
Espazo exterior do Auditorio de Verín
10-09-2023 // De 17.00 a 21.00 horas