FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Estudantes de Finlandia, Hungría, Italia, Portugal e Estados Unidos participarán en diversas actividades do FIC Vía XIV de Verín

21 Novembro, 2019

  • Un grupo de 20 alumnos internacionais que visitan o I.E.S Xesús Taboada Chivite no marco do programa Erasmus + asistirán ao ciclo “As dúas caras do Sahara Occidental”, programado dentro do certame de curtas da vila
  • O FIC Vía XIV de Verín integrará no seu equipo de traballo a dúas estudantes norteamericanas da Universidade de Clemson (Carolina do Sur)

Verín, 21 de novembro de 2019.- O FIC Vía XIV de Verín vai permitir, nesta cuarta edición, que se intercambien experiencias e se fomente a formación en torno á cinematografía para un grupo de alumnos e alumnas de diversos países que visitarán a vila no marco do programa Erasmus +. Un grupo de 20 estudantes, procedente de diversos países coma Finlandia, Hungría, Italia e Portugal, terá a oportunidade de visionar a programación integrada no marco da actividade paralela As dúas caras do Sahara Occidental, durante a mañá do xoves 5 de decembro na Casa da Cultura de Verín.

O grupo forma parte dun programa de intercambio estudantil co I.E.S Xesús Taboada Chivite e visitará a vila do Támega na semana na que se celebre o certame. “Trátase dun grupo de estudantes que participan nun programa da UE cuxo obxectivo é apoiar a educación, a formación e a actividade deportiva no continente”, sinala César Sánchez Pampín, director do centro que acolle aos estudantes.

Un proxecto de escola inclusiva

Tal e como pon en valor Sánchez Pampín, o I.E.S Xesús Taboada Chivite foi seleccionado para participar neste programa logo de presentar un proxecto que “desenvolve accións en prol dunha escola inclusiva e igualitaria”. “O proceso de selección foi complexo porque se presentaron 429 solicitudes e só seleccionaron 209 de todo o territorio español”, apostila o director do centro”.

Non serán os únicos estudantes estranxeiros que visiten Verín durante a semana do Festival Internacional de Curtas. Ata a vila tamén se achegarán dúas estudantes da Universidade de Clemson (USA) que formarán parte do grupo de traballo do certame.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies